![]() |
A Plataforma nace co obxectivo de agrupar entidades para impulsar a competitividade dos sectores chave para a economía galega a través da colaboración entre os axentes do sistema de innovación e a integración de actuacións. Ditas plataformas incorporan a todos os actores do sistema galego de innovación (empresas, centros tecnolóxicos, grupos de investigación da universidade, organismos públicos de investigación, entidades financieiras) interesados no sector loxístico e liderados pola industria.
A Plataforma define e implementa a Axenda Estratéxica de I+D+i sobre o sector loxístico a nivel tecnolóxico, cun relevante impacto social debido a súa posible achega aos obxectivos galegos de crecemento, competitividade e sustentabilidade baseados no coñecemento.
A misión de Loxisga é servir de ferramenta para mellorar a competitividade, sustentabilidade e o crecemento da industria galega, mediante o desenvolvemento da I+D e o fomento e o apoio a innovación no ámbito do sector do transporte.

| III Asemblea da Plataforma Tecnolóxica Galega de Loxística (LOXISGA) Loxisga celebra a III Asemblea na que presentará a súa Axenda Estra... | |
| I XORNADA DOS GRUPOS DE TRABALLO Xornada apoiada por consultoras para dinamizar os 5 grupos de traballo | |